cab

cab

miércoles, 30 de julio de 2014

TROCO DE DIRECTOR NO OFM-QUINTA DO LIXA


  Os momentos previos o inicio da 76-Volta a Portugal foron moi movidos no equipo OFM-Quinta do Lixa, cadro do que forman parte os ciclistas galegos Gustavo Veloso e Delio Fernández.

  O equipo leva varios meses sen pagar o salario dos ciclistas e onte acordaron destituir ao director deportivo e responsable financieiro da formación, José Barros.

  Para sustituir a Barros foi nomeado director interino o ex-corredor andaluz Jesús Rosendo que formou parte do equipo de Valongo na tempada pasada.

  Pola sua banda o novo responsabel finacieiro do equipo vai ser o ciclista Nuno Ribeiro que xa é o presidente da Unión Ciclista Sobrado, entidade que é a matriz do OFM-Quinta da Lixa.

  Con todo este troco os ciclistas tiveron que agardar ata que a UCI autorizou estes cambios, as once da mañá de hoxe, só cinco horas antes do inicio da proba, para estar debidamente autorizados a participar na Grandissima.

   Susto para Delio e Gustavo que case quedan sin poder tomar parte na proba que para eles e o grande obxetivo da temporada.

   Canto o futuro económico da formación, semella que as cousas van ben encamiñadas xa que estrearán nesta Volta a Portugal un terceiro patrocinador W52, a empresa de roupa de Adriano Quintanilha que xa estivera no ciclismo portugués patrocinando equipos na década dos 90.

   Quintanilha anunciou tamén na prensa lusa que xa pediu orzamentos para ser o patrocinador principal da formación de Sobrado na vindeira época, o  2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.